Get Involved2010/gl

From Document Freedom Day

Isto é como podes axudar:

  • Únete e axuda a un Equipo
  • Blogea sobre isto, e enlaza a nosa campaña!
  • Doa diñeiro ao DFD: Apoio
  • Patrocina as campañas: Patrocinadores
  • Pon un anuncio no teu sitio web co noso Material gráfico
  • Usa o grupo !dfd en Identi.ca e a etiqueta #dfd2010 en Identi.ca e twitter

Contents

Recursos

Traduce o sitio web

DFD é unha campaña global. Para axudar a convertela nun éxito en todo o mundo, por favor, contribúa a esta mensaxe de apertura traducindo o contido deste sitio ao seu propio idioma! (Ver ao pé de cada páxina. Instrucións: Translate/gl)

Actividades

Estos son exemplos das actividades que podes organizar o 31 de Marzo e axudar a promover os Estándares Abertos.

  • Distribúe flyers
  • Organiza unha conferencia, obradoiro, etc

Dille as persoas que necesitan ter un grupo, e lévaos ao Sitio web dos equipos.

Programa unha actividade no teu país/rexión/cidade: Divulga a mensaxe sobre a importancia dos Formatos de Documento Abertos! Libera a túa imaxinación e mostra a outras persoas nunha forma divertida e emocionante que son os Formatos Abertos. Aquí hai uns exemplos:

  • Coloca un posto na túa escola/universidade/na rúa. Pregúntalle á xente se saben algo sobre os formatos de documento abertos!
  • ¿Existe un mellor lugar para difundir estándares abertos que unha biblioteca pública? Vai por ela! O 31 de Marzo, vai a unha biblioteca pública e recomenda os estándares abertos e os formatos de documento abertos.
  • Fai un anuncio público! Organiza unha reunión coa Radio/canle de TV e fala sobre os formatos abertos e a súa importancia.

Comparte a túa actividade connosco: Dille a outros o que estás planeando! Publica un vídeo/foto/artigo de blogue e etiquétao con #dfd2010. Se necesitas asistencia técnica, diríxete ao Equipo do DFD2010.

Paquetes de actividades do DFD

  • Póster Non podo ler os teus documentos. A idea aquí é que a xente escriba algo nun póster, ex. "Non podo ler os teus documentos". Logo lle tomen unha fotografía co cartel fronte a unha institución pública e publique a imaxe.
    • Materiais:
      • unha cámara fotográfica
      • material gráfico do DFD2010
      • papel
      • bolígrafo/accesorios de pintura
    • Liña de tempo:
      • 2 semanas de anticipación - investiga sobre as institucións públicas na túa cidade.
      • 1 semana antes - prepara o teu póster
      • algúns días antes - toma a imaxe
      • 31 de Marzo - publica a imaxe usando a etiqueta #dfd2010
  • Promociona os formatos abertos nunha biblioteca pública Debería ser sinxelo convencer aos bibliotecarios sobre a utilidade dos Estándares Abertos. Deixa panfletos ou quédate na biblioteca para informar a usuarios e visitantes. Ex. usa un libro antigo e pregúntalles se quererían ler ese libro en formato electrónico dentro de 10 anos.
    • Materiais:
    • Liña de tempo:
      • 2 semanas antes - encontra unha biblioteca pública, fala con eles sobre o tema e pregúntalles se podes levar panfletos e falar cos visitantes.
      • 1 semana antes - imprime os panfletos e busca amigos para que che axuden
      • 31 de Marzo - usa a túa creatividade e inspiración para explicar á xente porque os formatos de documento abertos son importantes.
  • Cambia a túa sinatura de correo Pídelle á xente que cambie a súa para o DFD.
    • Materiais:
      •  /\  Día da Liberdade dos Documentos - Libera os teus documentos
        _\/` http://documentfreedom.org/          - 31 de Marzo de 2010
    • Liña de tempo:
      • asegúrate que antes do 31 de marzo cambias a túa sinatura de correo electrónico.
  • Fai unha presentación nun grupo de Software Libre da túa localidade sobre Estándares Abertos.
    • Materiais:
    • Liña de tempo:
      • 3 semanas antes - asegura un lugar para a túa presentación
      • 2 semanas antes - comeza a promoción que lle darás a presentación
      • 31 de Marzo - día da presentación

Translations:

Castelán Inglés Rumano

Personal tools